O informe "Galicia 2025", elaborado pola experta en viños Beth Willard para o crÃtico internacional Tim Atkin, sitúa unha vez máis a Ribeira Sacra como unha das denominacións de orixe máis relevantes do panorama vitivinÃcola español. A publicación recoñece a singularidade dos seus viños e o traballo das súas adegas, reflectido nas altas puntuacións obtidas e nos premios outorgados en distintas categorÃas.
Os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra foron recoñecidos con numerosos galardóns en dous eventos destacados do sector: a VII Edición do Concurso Nacional de Viños VinEpaña 2025, celebrado en Zaragoza os dÃas 12 e 13 de febreiro, e a publicación da GuÃa de Viños, Destilados e Augardentes de Galicia 2025, elaborada por Luis e Alejandro PaadÃn.
Un total de 25 alumnos comezaron esta mañá as clases presenciais do Curso de Nivel 2 da WSET (Wine & Spirit Education Trust), impartido pola Galicia Wine Academy, e impulsado pola Asociación de Consellos Reguladores VitivinÃcolas Galegos e das II.XX Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia (ACRUAGA) que conta co respaldo da ConsellerÃa de EconomÃa, Empresa e Innovación, a través do IGAPE.
O pleno do Consello Regulador Ribeira Sacra, reunido o dÃa 10 de febreiro de 2025 e por solicitude da Comisión de Viticultura aprobou a suspensión temporal, ata o 15/08/2025, das inscricións de novas viñas no rexistro de viñas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, salvo naqueles concellos que a súa delimitación este aprobada polo pleno do consello regulador anteriormente a esa data.
Do 3 ao 5 de febreiro de 2025, o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente na Barcelona Wine Week (BWW), que se celebra no recinto Montjuïc da Fira de Barcelona. Esta participación marca a primeira incursión do Consello neste destacado evento do sector vitivinÃcola.
Os seis consellos reguladores que conforman Acruaga estarán presentes no Pazo deQuián, Boqueixón (A Coruña), durante as xornadas do 20 e 21 de xaneiro, cun total de 232viños. A cata tamén inclúe a degustación de produtos das catro II.XX. de Augardentes eLicores Tradicionais de Galicia.
O polÃgono industrial de Monforte de Lemos non e susceptible de albergarunha instalación para a elaboración de viño amparado pola D.O. Ribeira Sacra.
O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, Antonio LombardÃa, reuniuse co presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, para tratar diversos temas destinados a fortalecer esta denominación de orixe, considerada estratéxica para a provincia. Durante o encontro, analizáronse distintas accións centradas nas melloras para os produtores, na xestión e na promoción turÃstica.
O prestixioso crÃtico internacional James Suckling publicou a súa lista anual dos "Cen mellores viños españois", na que o viño GuÃmaro MencÃa Ribeira Sacra Finca Meixeman 2022, da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, foi elixido como o mellor viño de España. Ademais, outros viños da Ribeira Sacra acadaron posicións destacadas nesta lista, que cada ano avalÃa a calidade e singularidade dos viños de diferentes zonas de España. AsÃ, F. Algueira Ribeira Sacra Dolio 2020 sitúase no posto número 6 e GuÃmaro Ribeira Sacra Camiño Real 2022 no 31.
O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recibiu a visita de Beth Willard, crÃtica de viños e profesional de ampla traxectoria no sector, quen dedicou catro dÃas a coñecer os viños e as adegas desta Denominación de Orixe. A visita, que tivo lugar dende o xoves 7 de novembro ata o domingo 10, incluÃu unha cata de 26 viños de diferentes adegas na sede do Consello e un percorrido por 19 adegas situadas nas distintas subzonas da Ribeira Sacra.
A 11 de outubro de 2024, a campaña de vendima na Ribeira Sacra achégase ao seu final coa recollida dun total de 4.868.906 quilos de uva ata a data.
O recoñecido sumiller Ferran Centelles, colaborador habitual de Jancis Robinson, unha das publicacións de referencia no mundo do viño, publicou recentemente un extenso artigo sobre a súa visita á Denominación de Orixe Ribeira Sacra. Durante a súa estadÃa, Centelles tivo a oportunidade de realizar unha cata a cegas o pasado 16 de maio organizada polo Consello Regulador. O artigo, titulado Ribeira Sacra - a denominación nun delicado equilibrio, foi publicado o 7 de outubro na prestixiosa web de Jancis Robinson, e subliña a singularidade dos viños desta D.O.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España