Imprimir y PDF

“Cociña de ondas, cociña de terra, cociña de todos” con viño da D.O. Ribeira Sacra

20/11/2020

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra colabora coa campaña, “Cociña de ondas, cociña de terra, cocina de todos”, que promove o Grupo El Progreso. A iniciativa ten por obxecto poñer en valor os produtos da provincia de Lugo e unir a gastronomía e o turismo.

Así un autobús rotulado para a ocasión percorre desde este xoves, 19 de novembro, os diferentes destinos seleccionados, Ribeira Sacra, Os Ancares, o porto de Celeiro e a cidade de Lugo.

No interior deste autobús contarase con personaxes coñecidos que prepararán as diferentes receitas contando con produtos do porto de Celeiro, de Tenreira suprema da Carqueixa, de Porco Celta a través de Asoporcel, de cordeiros a través de Ovica, e de aceite de Quiroga.

Todas as receitas acompañaranse de viños da D.O. Ribeira Sacra. Con todo, búscase provocar a necesidade de mercar o que xenera valor e postos de traballo na provincia de Lugo.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.