Imprimir y PDF

Ribeira Sacra participa en Salimat

PEÃ?IN DA MOI BOAS PUNTUACIÃ?NS AOS BARRICA DE RIBEIRA SACRA

21/11/2008

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra estivo presente durante estes días en Salimat, Salón de Alimentación do Atlántico. Salimat ofrece aos profesionais da alimentación un punto de encontro estratéxico para favorecer o intercambio de negocio e o coñecemento sobre novas tendencias do sector.
Mentres vense de publicar a Guía Peñín deste ano, José Peñín acudía a catar os caldos da Ribeira Sacra en maio, presentábanse á valoración do crítico 63 mostras, 11 de brancos, unha delas de barrica e 52 de tintos, 10 delas de barrica. En total estaban representadas 38 adegas. As valoracións feitas por Peñín dos caldos da Ribeira Sacra son moi boas, xa que houbo viños que superaron os 90 puntos. � o caso de El Pecado da adega Guímaro, viño de crianza, seguido de perto por Algueira Barrica 2006 e os tintos sen crianza Soutullo e San Mamede.
Con estas valoracións José Peñín comparte opinión co crítico estadounidense Robert Parker que tamén dera resultados excelentes a El Pecado e Algueira barrica. Deste xeito Ribeira Sacra confirma o excelente traballo que se está a facer cos viños de crianza en barrica nesta D.O.


CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.