22º Concurso Internacional de Viños de Montaña
13/06/2014
Ribeira Sacra é unha denominación de orixe catalogada como viticultura de montaña xa que cumpre as condicones establecidas polo organismo do CERVIM: os viños elaborados a partir de uvas procedentes de viñedos que presentan dificultades estruturais permanentes como:
- altitude superior a 500 metross.n.m., excluso os sistemas vitícolas das mesetas
- pendente superior ao 30%
- sistemas vitícolas en terrazas de cultivo ou paraincre
- viticulturas da pequenas illas
Todas as rexións do CERVIM, destácanse por aspectos comúns de unicidade que non se poden reproducir, por características culturais, de medio ambiental e de paisaxe que teñen profundas raíces na orixe histórica e xeográfica ancorada ao territorio por medio do identidade cultural e patrimonial.
As vides cultivadas en montaña son exemplo de biodiversidade e desas obtéñense viños únicos con calidades organolépticas superiores.
Neste contexto e coa conciencia de representar realidades concretas e únicas, o CERVIM organiza o Concurso Internacional Viños de Montaña, levado a cabo baixo o patrocinio da O.I.V. (Organización Internacional da Viña e do Viño) e chegado este ano á súa 22ª edición. O do CERVIM é o único concurso enolóxico internacional capaz de extrapolar e exaltar os valores intrínsecos dos territorios de pertenza.
Para esta 22ª edición preséntanse un total de
54 mostras de
29 adegas acollidas á denominación de orixe.