Os técnicos do Consello Regulador comezaron a recollida de mostras para a Cata de Cualificación de Colleita de 2016 que terá lugar o 24 de febreiro, na subzona de Amandi, no concello de Sober (Lugo), dado o carácter rotatorio da celebración desta cata.
Para a Cata de Cualificación recóllense un total de dez mostras representativas das cinco subzonas que integran a denominación de orixe. As mostras corresponden a dez adegas diferentes, dúas por cada unha das cinco subzonas (Amandi, Chantada, Quiroga- Bibei, Ribeiras do Miño e Ribeiras do Sil).
O panel de cata estará formado por dez catadores de gran experiencia, procedentes de Galicia e doutros lugares de España:
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España