Imprimir y PDF

Novas

Premios da Cata dos Viños de Galicia na D.O. Ribeira Sacra

O Centro do Viño da Ribeira Sacra acollía esta tarde a entrega dos premios da XXXII edición da Cata dos Viños de Galicia, aos viños da D.O. Ribeira Sacra

A D.O. Ribeira Sacra recibe o día 13 os premios da Cata dos Viños de Galicia

Entre o 26 e o 30 de outubro celebrouse a XXXII edición da Cata dos Viños de Galicia e as catas de augardentes e licores tradicionais de Galicia

A D.O. Ribeira Sacra solidarízase co sector da restauración e hostalería

As medidas anunciadas o pasado 4 de novembro para o control da Covid19 en Galicia supoñen, entre outras, novas limitacións para o sector da hostalería e a restauración.

Finaliza a vendima da vértixe con 5.244.049 quilos recollidos

Este mércores, 7 de outubro, entraron en adega as últimas uvas recollidas na D.O. Ribeira Sacra nesta campaña, o que dá por finalizada a campaña oficialmente

A D.O. Ribeira Sacra supera os 5 millóns de quilos de uva recolleitos

Nesta campaña a uva que está a entrar en adega ten un estado sanitario óptimo e destaca un aumento do grao

A D.O. Ribeira Sacra aumenta as vendas estatais e galegas nesta campaña vitivinícola

O aumento de exportacións vincúlase ás visitas de importadores e prescriptores á D.O. Ribeira Sacra e tamén á presencia en feiras internacionais como Prowein, London Wine Fair, Vinexpo Burdeos e outros eventos como Decanter

35 adegas seguen vendimando na D.O. Ribeira Sacra cando levan recolleito 3.496.411 quilos

Ademais da prevista diminución da colleita desta campaña, a uva ten un estado sanitario óptimo e os traballos séguense desenvolvendo con todas as medidas necesarias para a prevención da Covid19.

A D.O. Ribeira Sacra afronta a primeira fin de semana oficial de vendima con 1. 323. 239 quilos de uva recolleitos

A D.O. Ribeira Sacra fixaba como data recomendada para o inicio oficial da vendima o 16 de setembro, aínda que algunhas adegas iniciaron a recollida de uva de determinadas variedades nalgunhas parcelas o pasado 28 de agosto, comezando os traballos de vendima na subzona Ribeiras do Sil.

A D.O. Ribeira Sacra patrocina o proxecto audiovisual Ribeira Sacra-Actual

No 2018 a D.O. Ribeira Sacra colabora co proxecto audiovisual de Queiman e Pousa; un vídeo musical para promocionar a Ribeira Sacra como candidata a Patrimonio Mundial da Humanidade. Aquel primeiro proxecto amosa unha Galicia emigrante dos anos 60 cando non se percibía a riqueza cultural e rural do interior de Galicia.

16 de setembro, inicio oficial da vendima na D.O. Ribeira Sacra

O pleno do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra fixa como data recomendada para o inicio xeneralizado da vendima na Denominación de Orixe o 16 setembro.

A D.O. Ribeira Sacra consegue 11 Ouros no Mondial des Vins Extremes e 14 Distincións Gallaecia

Os viños da D.O. Ribeira Sacra obteñen 11 Medallas de Ouro tras a participación no Mondial des Vins Extremes que se celebrou en Aosta entre o 27 e o 29 de agosto. Dos 81 viños da D.O. Ribeira Sacra catados para as Distincións Gallaecia obteñen este recoñecemento 2 brancos e 12 tintos.

Chega o “Mondial des Vins Extremes” e a D.O. Ribeira Sacra acode con 64 mostras

O “Mondial des Vins Extremes”, o certame internacional máis importante no ámbito da viticultura de montaña ou viticultura heroica, que organiza o CERVIM no Val italiano de Aosta chega á súa cita anual



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: