A Misión Inversa Finlandia e Estonia que organiza o ICEX en colaboración coa Oficina Económica e Comercial de España en Helsinqui dedica dous días á D.O. Ribeira Sacra
Este mércores 22 de maio, a sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra recibe a visita dos participantes da Misión Inversa Finlandia e Estonia que organiza o ICEX en colaboración coa Oficina Económica e Comercial de España en Helsinqui.
O Presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, deu conta en rolda de prensa do programa do Consello Regulador para a promoción dos viños e traballar polo sector, participando este ano en Enofusión, Fitur, Xantar, Prowein, Vinis Terrae, Gourmets, Fenavin, Vinexpo e a London Wine Fair, precisamente mañá o Presidente viaxa a Londres para participar nesta última cita na que a D.O. Ribeira Sacra participa por primeira vez.
Este ano, por primeira vez, a D.O. Ribeira Sacra participa na London Wine Fair, o evento de viños máis grande do Reino Unido e unha das citas internacionais máis importantes do sector, onde se dan cita máis de 14.000 viños de 32 países e conta coa asistencia de importadores e distribuidores de todo o mundo.
Vinexpo Bordeaux é unha das principais feiras do sector, exclusiva para profesionais do viño e bebidas espirituosas, que terá lugar do 13 ao 16 de maio do 2019 no Centro de Exposicións de Bordeaux.
O sábado, 11 de maio, ás 13.30 h. terá lugar o terceiro Día Movemento Viño D.O. no que se celebra un brinde simultáneo e colectivo polo viño con Denominación de Orixe. Miles de persoas participarán desde distintos puntos de España brindando cos viños da súa zona. Nesta terceira edición cóntase con récord de participación ao celebrar o brinde conxunto 29 Denominacións de Orixe.
Fenavin, a feira de referencia do viño español, celébrase do 7 ao 9 de maio en Ciudad Real. Este ano, a cita fai ás mulleres, máis que nunca, protagonistas na súa programación e prestarase especial atención a achegar o mundo do viño ao público novo.
O Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez e o Director de Área de Negocio de Caixabank na provincia de Lugo, Igor de las Heras, asinan un convenio de colaboración a través do cal viticultores e adegueiros, adheridos á D.O., beneficiaranse de servizos e produtos financeiros destinados a cubrir as necesidades do sector.
O sábado, 11 de maio, celebrarase a terceira edición do DÍA MOVEMENTO VI?O D.O. Nesta xornada, promovida pola Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas (CECRV), 27 Denominacións de Orixe brindarán ás 13:30 de maneira simultánea, en diferentes puntos da xeografía española, polo viño D.O.
O equipo de cata da Guía Peñín, formado por Carlos González e Javier Luengo, visitaba na tarde deste martes, 9 de abril, a sede do C. R.D.O.R.S. onde levaron a cabo a cata.
A D.O. Ribeira Sacra promociónase en Gourmets onde participará de maridaxes con Carne de Vacún de Galicia. O C.R.D.O. Ribeira Sacra acode ao Salón Gourmets, Feira Internacional de Alimentación e Bebidas de Calidade, que se celebra no IFEMA, Recinto Feiral Juan Carlos I, entre os días 8 e 11 de abril.
Vinis Terrae, o salón profesional especializado en viño e licores galegos de calidade, chega á súa sexta edición.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España