O pasado venres dÃa 6 comezou a recollida de mostras para a Cata de Cualificación da Colleita de 2014 que terá lugar o próximo dÃa 20 no municipio de Carballedo, pertencente á subzona de Chantada, provincia de Lugo.
José Manuel RodrÃguez está presente na Feira Internacional de Turismo Fitur, onde presenta a nova GuÃa de Adegas e Viños de Ribeira Sacra.
O Consello Regulador Ribeira Sacra foi o anfitrión do xantar anual de confraternidade que reúne aos 25 Consellos Reguladores Galegos (DOP) e Indicacións Xeográficas Protexidas (IXP) de Galicia.
A reportaxe realizada por Luis Gutiérrez, catador da prestixiosa publicación estadounidense "The Wine Advocate", tras a súa visita o pasado mes de outubro, coloca aos viños de Ribeira Sacra entre os mellores puntuados a nivel galego.
O Consello Regulador Denominación de Orixe Ribeira Sacra deséxavos felices festas e un prospero ano novo.
Esta mañá tivo lugar a presentación da edición de 2015 de á GuÃa de Viños, Destilados e Adegas de Galicia na sede de Ribeira Sacra. Nesta terceira edición da guÃa aumentou considerablemente a presenza de viños de Ribeira Sacra, segundo subliñou o seu autor LuÃs PaadÃn que estivo acompañado polo presidente do Consello Regulador.
A comida de Nadal que cada ano organiza o Consello Regulador foi o escenario para a entrega dos premios que os viños de Ribeira Sacra obtiveron no concurso internacional celebrado o pasado mes de xullo en Italia.
O presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe, José Manuel RodrÃguez, presentou o pasado sábado os viños de Ribeira Sacra na cidade de Segovia, dentro do certame de "Outono Enolóxico", onde os asistentes ademais tamén puideron gozar dunha cata - degustación.
O próximo 13 de novembro celébrase unha xornada sobre a práctica do marketing do viño en VerÃn (Ourense). A xornada está organizada pola Estación de Viticultura e EnoloxÃa de Galicia (EVEGA).
O pasado dÃa 11 de outubro dábase por finalizada a vendima en Ribeira Sacra. Recolléronse preto de 5 millóns de quilogramos de uva por 93 adegas que elaborarán viño baixo o amparo da denominación de orixe nesta campaña.
O pasado 4 de setembro comezaba a vendima en Ribeira Sacra, sendo o dÃa 18 de setembro a data recomendada polo Consello Regulador para o inicio de vendima. Diariamente pódense consultar os datos oficiais de recollida de uva e o número de adegas que están en vendima.
Luis Gutiérrez, catador para España da publicación estadounidense "The Wine Advocate" dirixida por Robert Parker, estivo hoxe na sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe para catar os viños de Ribeira Sacra.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España