A xornada está organizada pola Estación de Viticultura e EnoloxÃa de Galicia (EVEGA) e terá lugar no Centro Comarcal do Ribeiro en Ribadavia (Ourense) o próximo 29 de abril.
A cata oficial tivo lugar onte pola mañá e foi precedida da pre-cata que se desenvolveu o dÃa anterior na sala de catas do Centro Sociocultural de Sober. A entrega dos premios aos bodegueiros realizouse despois do pregón oficial.
Este fin de semana 12 e 13 de abril celébrase a Feira do Viño de Amandi na localidade de Sober (Lugo), festa declarada de Interese TurÃstico de Galicia. Haberá actuacións diversas, cata oficial de viños e pregón a cargo do gaiteiro Carlos Núñez.
Un grupo de 7 xornalistas procedentes de Finlandia especializados en viño visitaron durante dous dÃas viñedos e adegas de Ribeira Sacra. Esta acción foi levada a cabo en colaboración con ICEX e o Consello Regulador da Denominación de Orixe. Durante toda a visita foron acompañados por un técnico do Consello Regulador.
O Conselo Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente con stand propio no salón Alimentaria que se celebra do 31 de marzo ao 3 de abril no Recinto Gran VÃa de Barcelona.
Os viños de Ribeira Sacra están de parabén, dúas marcas obtiveron galardón na XII edición do Concurso Internacional de Viños Bacchus 2014 celebrado en Madrid.
Chantada xa ten os viños premiados na cata oficial que tivo lugar o domingo 9 de marzo dentro da XXXII edición da súa Feira do Viño, a feira do viño máis madrugadora de Ribeira Sacra.
O 28 de marzo no Centro Sociocultural de Sober (Lugo) desenvolverase esta xornada dirixida a viticultores, bodegueiros, investigadores,...que organiza a Estación de Viticultura e EnoloxÃa de Galicia e na que colabora el CRDO Ribeira Sacra.
O próximo venres 14 de marzo o Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra realizará unha cata-presentación pública da denominación de orixe: viticultura, viños e paisaxe no Museo do Viño da cidade de Valdepeñas en Ciudad Real.
Ribeira Sacra estará presente do 10 ao 13 de marzo no Salón de Gourmets que como cada ano se celebra en Madrid, no Ifema, recinto feiral Juan Carlos I.
Os próximos 7, 8 e 9 de marzo celébrase a XXXII edición da primeira feira do viño do ano en Ribeira Sacra, cun programa de actividades variadas, catas comentadas previas á Feira e unha Cata Oficial de viños.
A calificación da Colleita de Ribeira Sacra 2013 é MOI BOA. Os catadores que formaron o panel de cata outorgaron unha puntuación de 7.8, só a dúas décimas da cualificación de excelente que se outorga cunha puntuación de 8.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España