Imprimir y PDF

Novas

"Vinis Terrae" - Salón de Viños e Licores Galegos

Os próximos 3 e 4 de abril celébrase en Expourense a sétima edición do salón Vinis Terrae na que o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra estará presente con stand propio. Tamén acudirán varias adegas acollidas a Denominación.

Ribeira Sacra na Feira Internacional Prowein

O Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeira Sacra estará presente con stand propio na feira internacional Prowein que se celebra do 19 de marzo ao 21 de marzo en Düsseldor, Alemaña.

Viños de Ribeira Sacra premiados en concursos

Os viños de Ribeira Sacra están de parabén xa que recentemente foron galardoados en diferentes concursos nacionais e internacionais de recoñecido prestixio.

Ribeira Sacra participa no Fórum Gastonómico A Coruña 2017

No recinto feiral de ExpoCoruña celébrase do 12 ao 14 de marzo o Fórum Gastronómico Coruña que reune a grandes profesionais da gastronomía que presentan as súas creacións e ofrecen degustacións con viños D.O. Ribeira Sacra.

A Colleita de 2016 foi cualificada como Moi Boa

A Cata de Cualificación da Colleita de 2016 de Ribeira Sacra que tivo lugar esta mañá outorgou á nova colleita a cualificación de Moi Boa.

Recollida de mostras para a Cata de Cualificación da Colleita

Comezou a recollida de mostras para a Cata de Cualificación da Colleita de 2016 que terá lugar o próximo día 24 de febreiro na subzona de Amandi, no municipio de Sober (Lugo).

Ribeira Sacra estará presente en el salón de Xantar

A Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente do 1 ao 5 de febreiro no 18º Salón Internacional de Turismo Gastronómico (XANTAR) que se celebra en Ourense, no recinto feiral de Expourense.

Ribeira Sacra en Enofusión

A cata- presentación celebrada hoxe en Enofusión dentro do evento de Madrid Fusión foi un éxito total de asistencia e de resultados.Os asistentes puideron coñecer como é a viticultura en Ribeira Sacra, unha viticultura de montaña envolta por unha paisaxe espectacular.

Axudas para o sector vitivinícola

O Diario Oficial de Galicia publicou liñas de axuda para promoción do sector nos mercados de terceiros paises e para transformación e comercialización de produtos agrarios.

Bo nadal e Prospero Ano Novo 2017

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra deséxalles Felices Festas.

Presentación da Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2017

Hoxe tivo lugar a presentación da Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2017 de Luís Paadín. A presentación contou coa presenza do autor da Guía e do Presidente do CRDO Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez.

Entrega de premios do "Mondial des Vins Extremes"

Na tradicional comida do Nadal que celebra cada ano o Consello Regulador, realizouse a entrega de diplomas e medallas ás adegas premiadas no concurso celebrado o pasado mes de xullo en Italia.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN: