O equipo de cata da publicación especializada Sobre Lias visita Ribeira Sacra para facer unha cata e valoración xeral dos viños acollidos á Denominación de Orixe.
Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra estará presente na Feira Internacional Prowein que se celebra do 18 ao 20 de marzo en Düsseldorf, Alemaña
No Concello de Parada de Sil (Ourense) celebrouse a cata de cualificación da colleita dos viños da D.O. Ribeira Sacra co obxectivo de establecer unha valoración media da nova colleita.
Ribeira Sacra estará presente en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se celebra en Ourense do 31 de xaneiro ao 4 de febreiro.
A Federación Española do Viño ( FEV) e a Conferencia Española de Consellos Reguladores Vitivinícolas ( CECRV) reúnense para buscar vías de colaboración entre ambas as organizacións que permitan impulsar algúns dos temas que protagonizan a axenda do sector.
Os días 20 e 22 de xaneiro, a Denominación de Orixe Ribeira Sacra acudiu a estas dúas importantes citas para a promoción dos seus viños en Madrid.
Na reunión de confraternidade anual con adegueiros, persoal do Consello Regulador e representantes das administracións públicas, realizouse a entrega dos premios do concurso internacional.
Na sede do Consello Regulador foi presentada a Guía de Viños, Destilados e Adegas de Galicia 2018 de Luís Paadín, da man do propio autor da guía e do Presidente do Consello Regulador, José Manuel Rodríguez.
Na localidade de Portomarín, Lugo, realizouse a entrega de Certificados de Produto de ENAC ás adegas que superaron o proceso de certificación que establece a normativa europea.
O grupo formado por distribuidores, catadores, restauradores e escritores destacan a impresionante paisaxe, a paixón dos viticultores e a ampla variedade dos viños de Ribeira Sacra.
O pasado 6 de Outubro finalizou oficialmente a vendima na D.O. Ribeira Sacra, con 5,5 millóns de kgs. recollidos e 92 adegas que elaboraran viño baixo a Denominación de Orixe na campaña 2017-2018.
Establecida como data xeneralizada recomendada para o inicio de vendima o próximo día 7 de setembro, o pasado 19 de agosto empezaba de forma puntual a vendima en Ribeira Sacra.
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España