SELECT SQL_CALC_FOUND_ROWS * FROM categoria_info INNER JOIN info ON categoria_info.id_info = info.id_info INNER JOIN info_idiomaweb ON info.id_info = info_idiomaweb.id_info WHERE categoria_info.id_categoria = 48 AND info_idiomaweb.id_idiomaweb = 1 AND info_idiomaweb.activo_info_idiomaweb = 1
Imprimir y PDF

Dicionario do viño


Carácter


Conxunto de características de certos viños que o converten en inconfundible. Eloxio do viño.

Caramelizado


Olor a caramelo queimado que se pode detectar nos viños con moita crianza: reservas e grandes reservas.

Carballo


Olor e sabor derivado da crianza en barrica de carballo aromático, que debe estar en perfecta harmonía coa redondez do viño..

Carnoso


Dise dos viños plenos, untuosos, ricos que teñen materia e producen no padal unha sensación de corpo denso.

Cava


Nave soterrada de crianza. Viño espumoso español de gran calidade, elaborado polo método “Champenoise”, facendo a súa segunda fermentación na mesma botella que chega ao consumidor.

Cepa


Planta. Tronco da vide do que saen as videiras.

Chacolí


Viño lixeiro e ácido procedente de uvas que non acadan suficiente madurez. Vol.9. País Vasco..

Chaptalización


Adición de azucre ao mosto para o seu enriquecemento e consecución do grao de alcohol.

Clarete


Viño tinto afroitado e lixeiro en cuxa fermentación se maceraron moi levemente as pelicas. Consumir axiña. Os afeccionados ingleses denominan “Claret” ao viño tinto de Burdeos.

Coiro


Aroma nobre dalgúns viños tintos procedente da súa crianza redutora na botella.

Complexo


Viño rico en matices sensoriais, ben harmonizado e elaborado, procedente dunha variedade que exhibe un bouquet completo e expresivo.

Coroa


Figura que forman as burbullas na copa ao chegaren á superficie nun bo viño espumoso ou cava.

Corpo


Untuosidade, carnosidade, materia e estrutura do viño.

Coupage


Mestura de diferentes vendimas, mostos ou viños. Pode ser da mesma colleita ou doutros anos.

Criadeiras


Botas nas que se realiza a crianza dos viños de Xerez (Sherry) polo sistema de soleiras. As criadeiras forman varios pisos, apilados sobre a última andana que corresponde ás soleiras.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.