Envellecemento controlado dun viño, en barrica, en bota ou en botella. A crianza implica un moderado aporte de osíxeno que facilita a evolución do viño, así como a presenza da madeira e os seus perfumados aromas de especias. A crianza do viño en botella é importante para a acadar a súa redondez.
Sedimentar as lías do viño. Consumo: trasegar un viño anexo da botella a outro recipiente para airealo.
Eliminación dos depósitos formados durante a segunda fermentación nunha botella de viño espumoso.
Operación de baleirar a cuba para separar o viño do bagazo.
Separar o cangallo do mosto.
Peza de madeira traballada que forma a estrutura da barrica.
Calidade do viño distinguido, con liñaxe de variedade nobre, harmonioso na cor e no aroma, equilibrado no gusto, con bouquet e a xusta crianza.
Adición de alcohol puro de viño ao mosto para deter a súa fermentación preservando, así, unha dose de azucre residual, característica dos viños residuosos naturais. Os viños xenerosos tamén se encabezan.
Calidade dun viño redondo, que amosa harmonía entre todos os seus componentes.
Constitución corpórea do viño, na que deben conxugarse todos os seus componentes, acidez, alcohol, taninos, densidade, etc.
Viño que sufriu modificacións co paso do tempo.
Proceso biolóxico e químico que determina a transformación dos azucres do mosto en alcohol e noutros compoñentes do viño, por acción das levaduras. Os grandes viños espumosos fan unha fermentación especial en botella, desenvolvendo as súas burbullas
Segunda fermentación dalgúns viños, por acción das bacterias, na que o ácido málico se transforma en ácido láctico, aínda que non sempre se produce.
Tipo de viño xeneroso de crianza biolóxica propio de Andalucía.
Capa de levaduras que contribúe á formación de aldehídos durante a crianza biolóxica ou anaerobia dalgúns viños como o Xerez, Moriles, Montilla, Rueda e da zona do Jura (Francia).
Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España