SELECT SQL_CALC_FOUND_ROWS * FROM categoria_info INNER JOIN info ON categoria_info.id_info = info.id_info INNER JOIN info_idiomaweb ON info.id_info = info_idiomaweb.id_info WHERE categoria_info.id_categoria = 48 AND info_idiomaweb.id_idiomaweb = 1 AND info_idiomaweb.activo_info_idiomaweb = 1
Imprimir y PDF

Dicionario do viño


Floral


Aroma agradable de certos viños que lembra o perfume de determinadas frores como a rosa, o xasmín, violeta, madreselva, etc.

Fresco


Viño branco ou rosado que amosa harmonía entre alcohol e acidez. Pode aplicarse ao clarete ou ao tinto novo.

Frutal


Calidade aromática dos viños. Presenza de aromas que lembran á froita (moras, framboesa, plátano, piña, pexego, etc).

Gran Reserva


Nome que se concede aos viños longamente criados en barrica de carballo e botella. Aínda que varía, segundo as zonas, debe de ter unha crianza de máis de tres anos.

Herbáceos


Olor e sabor de certos viños que lembran a materias vexetais de bagazo, sobre todo ao cango.

Lagar


Recipiente onde antigamente se pisaba a uva. Lugar da adega onde están as prensas.

Lágrima


Traza de aspecto oleoso que deixa na copa un viño rico en alcohol, azucres e glicerina.

Levadura


Fungos unicelulares que se atopan na pel da uva e que desencandean o proceso de fermentación alcohólica.

Lías


Sedimentos que deixa o viño tras a súa fermentación primaria.

Maceración


Inmersión, máis ou menos prolongada, das pelicas que fermentan.

Maceración Carbónica


É unha técnica de elaboración de viños tintos na que a uva enteira sofre unha fermentación intracelular enzimática. Utilízase para obter viños do ano suaves e aromáticos.

Maceración en Frío


Técnica utilizada para enriquecer en aromas primarios os viños brancos. Consiste en manter o mosto en contacto co bullo evitando que inicie a fermentación, mendiante a aplicación de frío.

Maduro


Viño que desenvolveu convenientemente a súa evolución na botella.

Magnum


Botella que ten o dobre de contido que unha normal (75cl.)

Manchado


É un viño branco de cor lixeiramente rosada por ter estado en depósitos que antes contiveron viño tinto.



CONTACTO

Enderezo: Comercio 6/8. Monforte de Lemos (Lugo). 27400 España

info@ribeirasacra.org (+34) 982 410 968

SíGUENOS EN:

Canale Ético.